Hogar de las Jornadas Gygax
No ano 2010 a Asociación Draco e membros do foro de internet Galiciarol decidiron facer unhas xornadas en conmemoración da morte de Gary Gygax co-autor do primeiro xogo de rol, Dungeon & Dragons. O obxetivo destas primeiras xornadas foi dar a coñecer unha forma de ocio alternativo que fose capaz de atraer a un público xuvenil, ó mesmo tempo que presentaba a Asociación Draco coma un ente xerador de “subcultura”, ocio alternativo o coma queiras chamalo.
Ano tras ano, dende os seus humildes comezos no Fórum Metropolitano de A Coruña e coa estreita colaboración do Concello de A Coruña, ditas xornadas foron crecendo grazas á asistencia de autores/as de rol patrios (Rodrigo Carmona, Laura Guerrero, Álvaro López, Juan F. Donoso, Roberto Alhambra, etc), o patrocinio de tendas e editoriais de ámbito rexional e nacional e a colaboración doutras asociacións de toda Galicia como: Terra Lúdica, Cancerbero, 6d6 o Cheyenne.
En edicións posteriores, as Xornadas mudaríanse o Espazo de Iniciativas Xuvenís e, actualmente, ó Ágora onde xa levan celebrándose varias edicións cun considerable aumento de asistentes, colaboradores e actividades: charlas de expertos, presentación de xogos de autor, torneos, etc. Ademáis, como parte de noso compromiso solidario, todalas ediciones contan cun Sorteo Solidario cuxos benefizos van a parar a Cociñaa Económica e cuxos premios son doados xenerosamente polos patrocinadores e colaboradores do evento. Así, As Xornadas Gary Gygax converteronse nun evento de ocio alternativo, gratuíto de referencia en Galicia.