Dúas Trols nos Castros

duas trols nos castros

Saúdos, xente (t)roleira!

Tras a estupenda experiencia de Trol nos Castros [Xullo de 2024], o trol marchou con tan boa vibra e tal subidón roleiro que agora DÚAS trols apareceron polo barrio con gana de troula. Por este motivo, na Asociación Draco e as Irmandades do Dado puxémonos mans a obra e vos convidamos a xogar de novo ao rol.

Esta xornada de xogos de rol será o 12 de abril de 2025 e será na Tobeira de Oza, libraría que volve prestarnos o seu acolledor espazo de actividades.

Queres dirixir unha partida? Perfecto! Aquí tes o formulario (en galego ou castelán) para inscribir a túa partida. Poderás inscribila ata o 22 de Marzo.

Envíanos tu propuesta! Envíanos a túa proposta!

Que queres xogar? Igual de ben! O 24 de marzo a máis tardar, teredes aquí mesmo todas as Partidas dispoñibles!, descritas con todo detalle. Despois, entre o 28 de marzo e 10 de abril, colgaremos tamén aquí a ligazón ao formulario de inscrición para xogar. Poderá apuntarse calquera persona maior de idade. (Se es menor de idade e hai partida para ti, tamén poderás, pero precisaremos unha autorización dun titor, titora ou titore.) A inscrición será por orde de petición!

Coma na anterior edición, queremos que esta actividade sexa un espazo seguro e inclusivo, onde todo o mundo poida pasalo o mellor posible, así que andaremos con ollo fronte a calquera conducta abusiva. As nosas son trols das boas!

Finalmente, sabede que contaremos (outra vez) con regaliños das editoriais 77 Mundos, HT Publishers e Shadowlands para sortear durante o día.

Vente! O rol te espera!